domingo, 6 de febrero de 2011

De burato negro a punto limpo (2)

Esta fin de semana non estivemos na casa...solciño, unhas cañas...ganas de estar cos amigos...

A miña campaña de orden mundial quedou un pouco relegada esta semana... mesmo así, algún paso foi dado...por exemplo empecei arranxar esta cómoda que vou converter no meu taller... As ferramentas e materiais que non collan nela...fora!

Uuui... que medo me dou!

O que teño pensado e lixala, pintala de novo e cambiarlle os tiradores... Para motivarme co do lixado que é o que peor levo comprei en Lidl unha  lixadora excéntrica (foi verlle o nome e pensar... está feita para mín...) A ver como vai a cousa...

A ver si esta semana son quen de rematar a renovación da famosa cómoda... 

Foi o primeiro moble que compramos o Pucho e mais eu cando deixamos de vivir como estudantes bohemios e pensamos carai... vamos ter un neno... haberá que comprar algo con caixóns para meterlle a roupa...

Xa choveu desde aquela...

Aproveitando que fun a Lidl trouxen tamén estes tulipans( é o malo que ten Lidl, vas por un exprimidor e  traes ademais un xogo de limas, un tarro de 5 kg de  pexegos, e unha pistola de silicona) 

Xunto cos bulbos do ano pasado xa fixen un xardinciño...se dan saído o meu balcon vai parecer Holanda...

No hay comentarios: