lunes, 25 de enero de 2010

A colección do luns

Madeiras atopadas na praia...
Como a unha investigación en curso sobre a colección de anuncios antigos, tiña pensado poñer outro cachiño, para ver si daba pistas... pero colóuseme unha emerxencia.
O P. está moi entretido acondicionando o rocho, (teño a sospeita de que está a montar nel un taller de chapa e pintura de bicis) e hai un tempo que ven e vai, leva e trae... Ten todo ocupado coas bicis e as súas ferramentas ( a verdade é que, xuntando as bicis que funcionan coas reliquias que están para arranxar ... son moitas bicis de Dios) e cousas miñas xa case non quedan, a verdade...
Non sei como foi dar con esta pila de paus que tiña agochada nun recuncho, onde a ninguén molestaba... pero deu. Este fin de semana, a pila de madeira subiu do soto e quedou varada na entrada da casa, cal restos dun naufraxio tralo temporal... Un ultimatum sen palabras... O lle atopo un sitio ou non lle queda moito... Polo menos que quede rastro da súa memoria eiquí...

No hay comentarios: