jueves, 3 de diciembre de 2009

Xa está aquí

Vai para o un ano que a miña tía Fina dérame a maquina de coser que fora da miña avoa...Non tiven ocasión de traela ata agora...Pero, por fin, aquí está, tan bonitiña... O Val tolea coas maquinas, aínda que sexan para coser... faltoulle tempo para ir osmar o mecanismo...Xa montou el a cinta na roda e explicoume o chollo: ves mamá ? tes que darlle aquí co pé para que ande... Á casa da miña avoa ían dúas costureiras...A de acotío, por así dicir, chamábase, creo, Luisa... Ás veces ía outra mais fachendosa, para facer cousas mais historiadas que era a Señora Esther. De aí parece ser que ven o nome da miña nai, e polo tanto, o meu propio...A avoa tiña 15 fillos e cos últimos xa non tiña moito repertorio para por o nome. Coa filla numero sete, que era a miña nai, votou man do nome da costureira...

No hay comentarios: