miércoles, 10 de junio de 2009

xeografia imaxinaria (1)

Case todos os dias, de camiño a casa paso por diante dun pequeno estudo de arte no que traballan dúas mulleres... está na planta baixa e vese pola fiestra desde a rúa. Eu sempre paro diante e suspiro con envexa, vendo como se afanan entre tintas e cores, e volvo a casa matinando sobre vellos soños que as veces olvido...Ós nenos cando ven que pasamos por diante cambian de beirarrúa con disimulo, porque non aturan que me quede pasmada tanto tempo osmando pola ventana, (son mais educados ca min).
O caso é que hai uns dias vin un cartel na porta do taller que falaba do roteiro de creación, e unha páxina web, e entrei...O asunto está moi ben, fan visitas guiadas polos estudos dos artistas locais (por fin poderei entrar no meu walhalla) fan exposicións, cursos e talleres ... abertos para todo o público... o caso que no meu taller fixeran a semana pasada un curso de estampado sobre tela! que mágoa non chegar a tempo... Tamén ofertaban un taller de mail art, a carrego do artista Manoel Bonabal na biblioteca pública Anxo casal. Apuntamonos Valentín e mais eu.
Hoxe foi o dia. Na planta de investigación e consultas da biblioteca, o neno ía sobrecollido... eramos 12 ou 13 participantes e o único neno era el. Ó principio o profe deu unha pequena charla para entrar no tema e Valentín miroume como si o enganara, a verdade parecía que estabamos na facultade para coller apuntes... mentres o profe falaba da historia do movemento os dos seus principios, por así dicilo, o neno discretamente sacou da mochila un lapis e empezou a debuxar... Cando rematou de falar, o profe díxolle ó neno que lle cambiaba o seu debuxo por un del, e deulle este tan chulo que está aí abaixo... O neno quedou de mandarlle mañá o seu debuxo por correo... levoulle todo o resto da clase escribir a dirección... O caso é que estou -estamos- entusiasmados coa nova descuberta... chegamos a casa cheos de proxectos para facer... o traballo que empecei deixeino alá, pero aquí, na casa, logo de cear e deitar ós rapaces, coa casa xa en silencio, fixen este outro que está ao principio (cun cartón de ovos, como non) que vou mandar, mañana mesmo, xunto co do neno, ó noso profe Manoel, dandolle as gracias polo seu debuxo, e por ternos aberto as portas deste novo mundo

No hay comentarios: