viernes, 9 de enero de 2009

2009

Esta mañá, amañeceu nevando... alegroume como se fora unha nena...Lástima que a cousa non dera para máis... o chan non chegou a porse branco, apenas os tellados...A medida que foi avanzando a mañá e quentando o solciño, da neve non quedou nin rastro, parecía ( mirando a través da ventá, claro, ben abrigadiña) un día de primavera... Sempre teño a impresión que o novo ano comenza ao redor do día 8... Realmente nesas datas é cando me fago os bós propósitos para o ano que comenza... O de facer deporte ou ir ao ximnasio ou estudar inglés xa non mo creo nin eu, pero polo demáis teño a cabeza chea de novos proxectos e de cousas (pequenas) que me gostaría facer... Meu irmán Luis regaloume este bonito calendario ... Cando miro para él entranme gañas de facer cousas e de levar á práctica as ideas que me van e ven pola cabeza, e de encher cos meus propósitos as súas páxinas como se foran os dias que quedan por vir... En xaneiro, de momento, estoume adicando as lámpadas. Teño desde fai moito soportes sen pantalla e pantallas sen soporte, das lámpadas que foron rompendo, e que non me decido a tirar, pero tampouco a arranxar. Onte puxenlle un papel plegado en abanico ao soporte dunha lámpara de Ikea da que se rompera a pantalla de cristal. Non quedou de todo mal...aínda que nada que ver co maestro Este vai ser o lema de xaneiro... nin un pé sen pantalla, nin unha pantalla sen pé!

No hay comentarios: