lunes 8 de febrero de 2010

A colección do luns

Pauciños, ramiñas, madeiras e aquelas cousas das camelias...

 
 

domingo 7 de febrero de 2010

O reto dos sabados 4 (antes). O domingo.

Onte meu irmán reuniunos a toda a familia para ir comer un cocido a Lalín, así que non houbo tempo de ir a RETO pola mañá , como fago sempre ( vale, fun,  pero ás carreiras, e así non presta)...nin tampouco de marca-lo reto dos sábados desta semana... así que o fago hoxe.

Como non trouxen nada de RETO, tiro do lixo, e mira ti por onde, teño material fresquiño...

Esta vez non ven dereito do lixo, senón que foi interceptado no camiño...Os meus compañeiros de traballo de delineación queren reordenar a sala onde traballan que sei que non lles presta como está agora, e pasaron toda a semana a limpar e a se desfacer de trasgos... Cada media hora pasaba algún pola miña porta a face-la pregunta de rigor:   e isto o queres?  A miña fama recicladora estáche moi estendida...dinme conta cando vin a C. cuns embalaxes dos que veñen nas caixas dos ordenadores na miña porta  dicindo...Eu creo que isto non merece a pena, pero di o M. que te pregunte, porque aínda que parece porexpan pero non o é, e si o tocas xa ves que é un material diferente, moi duro... O caso é que o M. tiña razón e  apañei  o choio, pero non me atrevín a traelo aínda para a casa, o teño agochado debaixo da mesa do traballo, xunto cunha caixa chea de  cds inservibles que apañei da limpeza anterior...

A verdade é que logo de tanta trasfega de enriba abaixo, o venres subín a ver como ía o feng shui en delineación, e non vin moita diferencia, a verdade..., é había moito acumulado... Sei que esta fase  foi  soamente de eliminación de material vello e usado, a ver si cae algo a semana que ven que supoño que empezaran a mover mobles ...

Rexeitei, con mágoa, moreas de tapas de plástico e tubos de cartón dos rolos do papel de planos, porque (aínda) non teño un almacén onde metelos. Pero, case que de xeito simbólico, algo penisquei...Un arquivador vello, que non merece ir ó lixo, co todo o que traballou ata que chegou a informática, e unhas fotos pegadas a un cartón pluma que  chamaron a miña atención polo desaquelado dos lugares fotografados... Hei de preguntarlles de que eran...

O caso é que aí vai o reto desta semana, ver que fago con estas cousas. O lote completo 0 €:



Aproveito tamén e poño a foto dun  marco do reto da semana pasada, que non está no grupo cos outros, porque o adiquei a outra cousa e esquecín de poñelo o venres. Tiña unha tela vermella e  non tiña  o Moises do Pórtico da gloria,  que é o que rezaba,  a plaquiña que tiña pegada, aí vese a dereita da foto:

Así é como quedou:

 



Non podo resistirme tampouco a poñer algunha foto da excursión de onte, da que me chamaron a atención estes cochos, refírome aos de cores:

 
  
  


PD:  Carmen, está é a túa oportunidade, ou agora ou nunca,  sei que lees ata o final, así que manifestate e da tres golpeciños (toc, toc, toc) si é que estás ahí.

viernes 5 de febrero de 2010

RETO 3

O Reto que tiña esta semana era o dos marcos... Eran moitos, pero a verdade, so precisaban unha boa limpeza, así que non foi tanto o choio como parece...Desmonteinos, limpei,  si tiñan lámina vella, tireina e puxen unha mía e volvinnos montar. Aproveitei e metín tamén no lote un marco que fixen coa tapa dunha caixa de vino e algún dos paus da praia dos que xa teño falado...Así quedou o conxunto

 

 

 
Este é o marco que ven da caixa de vino. Eu as caixas de viño téñolles moita querencia, xa falei delas, Esta estaba na casa pero non me acababa de gustar,  tiña unhas ferraxes moi cantosas e rebuscada,s así que tireinas e deixei a caixa por un lado e a tapa por outro...

 
Esta era a tapa que dicia

Nese grupo non están todos os marcos que trouxen, falta algún, que vou poñer noutros sitios, e que hoxe non tiven tempo a fotografar con boa luz.

***

Ven de saír o tema do grupo Illustration friday : Muddy. Mira ti.
Pregúntolle ao P. que está aquí ó lado,  que significa, e dime "lamento".
Eu xa estou a pensar en xente chorando, e  el, que me coñece ben, enseguida engade,  "cheo de lama"... e logo... claro!... Muddy Waters!

Aproveitando o momento trilingual, vólveme dicir que teño o blogue  cheíño de faltas de ortografía...e ten razón, en fin...Teño moito que mellorar, pero vou seguir...

miércoles 3 de febrero de 2010

probando

Onte estiven probando as acuarelas que lle regalaron a Pucho...Veñen nunha caixiña pequerrecha cun pinceliño de viaxe, como digo eu... xa levaba dias mirando para elas coma unha golosina... teñen tan boa pinta!

Teño unha libretiña na que penso facer cada día un apunte, calquera cousa...para ir collendo man...



Uninme tamén a un grupo de flickr que se chama  Illustration friday.  Cada venres dan unha palabra como tema e na semana seguinte podes subir unha ilustración referida a ese tema. A mi que me dean un tema motívame bastante, senón podo pasar horas mirando ó papel en branco, nin arre nin so...



lunes 1 de febrero de 2010

A colección dos luns

A colección deste luns e outra parte da miña colección de anuncios antigos, esta vez cun tema distinto, e centrado en xastrerías, provedores de  panos e demais...
Gústame este con ese aire de Tamara de Lempicka:
E gústame a tipografía deste outro, con esas eses tan estilizadas:
 
Aínda que o meu preferido e este que non está no grupo, e que mesmo ten unha solapiña para ter de pé en exposición:
 

sábado 30 de enero de 2010

O RETO dos sábados (despois) 2 e O RETO dos sábados(antes)3 ..Uff...





   

RETO 3 (antes)
Teño que cambia lo nome do choio, porque estoume a enredar  cos RETOS...
Estes marcos son o que trouxen de RETO este sábado 29 30 de xaneiro..., e no que teño que  traballar esta semana... 

O lote completo 15 €

RETO 2 (despois)
O reto desta semana eran as dúas caixas que atopara no lixo camiño do traballo... Unha está con laranxas na cociña, xa saíu na entrada de onte...

A outra, que era, supoño, dunha botella de viño do Porto, tiña pensado usala de mesiña de noite na cama do neno pequeno, pero acabou sendo outra cousa...Mentres facía probas de como colgala sen andar furando todas as paredes, foi o V. que se decatou  que era como unha  casiña coa súa porta corredeira e todo... A verdade e que enseguida tróuxome á memoria un libro que tiña cando estudaba  e que tiven a paciencia de ir buscar por todo-los estantes da casa e que ao fin atopei:

 

O caso é que a nosa casiña modular moderna quedou así :

 
Pero tamén así:

e así:





PD:  Esquecía unha cousa...

Un saúdo María!, se andas por ahí, manifestate!... atopei un comentario teu nunha entrada antigua hai dous dias, por casualidade...non sabía que estaba aí .... 

Ben pode facer 25 anos o mais que non nos vemos!... Levei unha sorpresa e unha alegría ... 
si que eramos cousas pequenas, cando nos coñecinmos, ben pequenas ...

viernes 29 de enero de 2010

o seguinte xa vai ser a primavera


Hoxe sen previo aviso cambio o aspecto do blogger... Estas cousas sempre desacóuganme... ¿será que me metín nun blogger falso e á vez que escribo estanme collendo datos para facer quen sabe que falcatruadas? Pero pódeme a curiosidade e empezo probar en todos os botonciños... agora sei que podo poñer as fotos pequenas, medianas, grandes e extra grandes, como as pizzas ... a ver como quedan...